Que é?
Que é o Parlamento Xove?
O proxecto Parlamento Xove fórmano un conxunto de actividades que teñen por obxecto fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.
As ditas actividades teñen como fío común debater acerca dun tema formulado pola organización, entre as que se inclúen a publicación de artigos en blog e xornais, a realización dun dossier de investigación do tema tratado e debates dialécticos.
QUEN PODE PARTICIPAR?
O alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato de calquera centro de ensino de Galicia.
EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?
Parlamento Xove trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. A actividade desenvolverase nunha fase inicial de investigación e argumentación de ideas na rede e unha fase final de debate dialéctico.
QUE ACTIVIDADES SE LEVAN A CABO?
1. Publicación de artigos nun blog e xornais.
2. Elaboración dun dossier de investigación.
3. Debates de competición.
Para coñecer toda a información da actividade, non tes máis que acceder á sección adicada a INSCRICIÓN e DOCUMENTACIÓN e descargar as bases.






