Cambio de calendario

CAMBIO DE CALENDARIO
Tralas múltiples peticións realizadas polos institutos, a organización determina facer un cambio no calendario que afecta ao período de inscrición e ás datas de entrega de artigos; deste xeito, o período de inscrición remata o luns, 1 de marzo e os artigos poderán entregarse conxuntamente co dossier ata o 15 de marzo.
Os equipos interesados en participar na I Edición de Parlamento Xove deberán comunicar primeiramente a súa intención de inscribirse, por vía telefónica nos teléfonos 981 545 822 e 981 541 689 e unha vez adxudicado ao centro unha ou duas prazas, este deberá enviar por correo certificado o Formulario de inscrición (documento adxunto liñas máis abaixo) ata o 1 de marzo á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, debidamente cuberta e co selo do centro de ensino.
|
CAMBIO DE CALENDARIO |
|
Do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2010: inscrición en Parlamento Xove Do 1 ao 15 de marzo: entrega de artigos e dossier. 26 de marzo: anuncio dos 8 equipos que pasan á fase de debates. 24 de abril: Fase Final: debates. |






