novasb

regulamentob

artigos

contactab

galeria_fotos

Horarios da Xornada Final

HORARIO DA XORNADA FINAL

Ultimados os horarios da xornada final, comunícase a dsitribución temporal da mañá do Sábado 24 de abril:

9:00 Chegada ao Parlamento
9:30 Presentación e sorteo de equipos
10:00 Primeiro debate de Cuartos de Final. Salas 1 e 2.
10:50 Segundo Debate de Cuartos de Final. Salas 1 e 2.
11:40 Anuncio de semifinalistas e declaracións á prensa por parte do Director Xeral de Xuventude. Simultáneamente, ofrécese un café a todos os asistentes.
12:10 Debates de Semifinal.
13:00 Final
14:00 Clausura e entrega de premios

AVISOS IMPORTANTES CONCERNENTES AO HORARIO:

Chegada ao Parlamento: esíxese máxima puntualidade. Prégase presenciarse na porta principal do Parlamento de Galicia ás 8:50 horas. Aqueles equipos que non fixeran acto de presencia no momento de iniciar o sorteo quedarán automáticamente descalificados.

Debates: os debates de Cuartos de Final e Semifinal realizaranse simultáneamente en duas salas de debate. Por tal motivo, o sorteo determinará tanto os emparellamentos coma os horarios que lle correspondan a cada equipo, de xeito que os debates organizaranse do seguinte modo:

Anuncio de Semifinalistas: coa finalidade de non propiciar agravios comparativos entre os equipos que compitan ás 10:00 e ás 10:50, o anuncio dos gañadores de cuartos de final realizarase conxuntamente ás 11:40h.

Peche da xornada: Estimase o remate da xornada en torno ás 14:30 horas.

Comida: debido á hora de remate da xornada e considerando a asistencia de equipos de todas partes de Galicia, a organización ofrece unha comida a participantes e acompañantes, para o cal ponse a disposición de todos uns autobuses para desplazarse ao Restaurante.

 

DURACIÓN DE CADA DEBATE

A organización dos debates en sede parlamentaria está a esixir determinados axustes na propia estrutura da competición. A primeira consecuencia é que as salas de debate non permiten o uso de material audiovisual, polo que non se poderán empregar presentacións en Power Point, videos, etc.

A maiores disto, e logo de barallar todas as posibilidades, comunicámosvos que a organización vese na obriga de reducir a duración de cada encontro eliminando un turno de REFUTACION. Realizado o cambio, as quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:

• AF (A Favor) Exposición Inicial: 5 minutos.
• EC (En contra) Exposición Inicial: 5 minutos.
• AF Refutación: 4 minutos.
• EC Refutación: 4 minutos.
• AF Refutación: 4 minutos.
• EC Refutación: 4 minutos.
• EC Conclusións: 3 minutos
• AF Conclusións: 3 minutos.

Duración final do Debate: 32 minutos.

 

ASISTENCIA DE PARTICIPANTES E ACOMPAÑANTES

Recórdase que para poder asistir á Fase Final do día 24 de abril permitirase un máximo de 12 acompañantes por equipo e solicitamoslle aos centros que envíen por correo electrónico a prelación de asistentes cos seus DNIs antes do vindeiro sábado 17 de abril.

Queda moi pouco. Moito ánimo!!!

Axenda de Actividades

Derradeiro mes Setembro 2010 Mes seguinte
L M X J V S D
week 35 1 2 3 4 5
week 36 6 7 8 9 10 11 12
week 37 13 14 15 16 17 18 19
week 38 20 21 22 23 24 25 26
week 39 27 28 29 30
free viagra | order discount viagra online | viagra for women | bad side effects of viagra | price of viagra | information about viagra | generic viagra | buy viagra online | viagra purchase