Tema de debate 2012
Os estudos de socioloxía presentan de xeito insistente un modelo de xuventude cada vez máis individualista, enmarcado nunha sociedade na que as novas tecnoloxías determinan as actuais formas de ocio e cuns patróns de conduta afastados da participación social. Non obstante, a meirande parte do voluntariado e participantes en accións solidarias son xente moza e os grandes movementos sociais a escala mundial entre os anos 2010 e 2011 protagonizounos a xuventude. A raíz disto, formulamos esta cuestión de plena actualidade e fonda reflexión para a que podemos atopar inxente información tanto cara a un posicionamento coma cara a outro.
A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA A UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO OU MÁIS INDIVIDUALISTA?






