Sede da Fase Final
A pregunta estaba no aire... onde se celebrarán os debates do Parlamento Xove??!! Dende a organización tan só vos comunicamos que era outra das grandes novidades desta actividade. Pois ben, para iniciar esta semana de intensas emocións, empezamos comunicándovos que a sede será o PARLAMENTO DE GALICIA.
Todos aqueles participantes que consigan pasar a Cuartos de Final terán a oportunidade única de poder debater nun entorno no que en moi poucas ocasións ao longo da súa historia foi empregado para outros debates que non foran exclusivamente os ordinarios da actividade parlamentaria.
Agardamos que esta nova vos motive de cara á Fase Final. O vindeiro xoves, día 25 de marzo, os xuíces realizarán a última sesión avaliadora de dossieres de investigación, momento en que coñeceremos quen pasará á devandita fase. Queda moi pouco!!






