IES Laxeiro, CAMPION
IES Laxeiro (Lalín), CAMPIÓN
SEK Atlántico Pontevedra, SUBCAMPIÓNS.
O IES Laxeiro de Lalín gaña a primeira edición do Parlamento Xove, quen recibiu unha viaxe sorpresa valorada en 6.000 euros e un notebook para cada un dos membros do equipo e logo de participar nunha rolda de debates sobre o uso das redes sociais que se celebraron no Parlamento de Galicia.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu esta actividade e entregou o premio ao equipo gañador da Final, quen derrotou ao SEK Atlántico de Pontevedra, segundo clasificado. Por outra banda, o equipo que elaborou o mellor dossier de investigación, o Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, recibiu unha videconsola para cada un dos membros, mentres que o autor individual do mellor artigo (Ana Vázquez, unha alumna do IES A Pinguela de Monforte) recibiu un notebook e os seus cinco compañeiros, un disco duro portátil.
Os medios de comunicación de maior alcance na nosa comunidade fixéronse eco da actividade tanto a nivel audiovisual, coma escrito ou dixital, chegando a acadar as 1000 referencias directas ou indirectas na rede. Así, no momento en que se estaba a celebrar a final, a TVG retransmitía unha nova no telexornal do mediodía acerca do evento; xornais, webs de información xuvenil, concellos, asociacións e outro tipo de organizacións fixéronse eco do Parlamento Xove.
TVG: Telexornal mediodía e serán, 24 de abril
La Voz de Galicia: 25 de abril
Galicia Hoxe: 25 de abril
El Faro de Vigo: 25 de abril
El Progreso: 25 de abril
ABC: 8 de abril.






