Etapa de formación
Por primeira vez, o Parlamento Xove integra unha etapa de formación na que se dará a coñecer ao detalle a dinámica da competición, os seus "segredos" así coma unhas pequenas orientacións en oratoria. A dirección do campionato non quere que niguén quede sen participar por descoñecemento ou falta de seguridade así que... se estás disposto a aprender estás disposto a participar! Contamos contigo?
DATAS E LUGARES: XORNADAS DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN
Celebrarase 1 breve sesión inicial de carácter informativo para os centros da comarca de Santiago e 5 xornadas de formación distribuidas por toda Galicia do seguinte xeito:
- Santiago de Compostela: o sábado 26 de novembro ás 11:00h. levarase a cabo unha breve sesión informativa dunha hora de duración. Centro Coordinador de información Xuvenil. Praza do Matadoiro.
- Coruña - Ferrol: 2 de decembro ás 17:00h. Celebrarase en Ferrol na casa da Muller. C/ Lugo, 56.
- Vigo - Pontevedra: suspendida por petición do profesorado.
- Santiago de Compostela: venres 16 de decembro ás 17 horas. Centro Coordinador de información e documentación xuvenil. Praza do Matadoiro s/n.
- Ourense: sábado 17 de decembro ás 10 horas. Casa da xuventude. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27.
- Lugo: venres 13 de xaneiro 2012.
HORARIO
Tódalas xornadas que teña lugar os venres iniciarán as 17:00 horas e as que se realicen os sábados darán comezo ás 10:00h. Terán unha duración aproximada de tres horas e media.
OBXECTIVOS E CONTIDOS
O obxectivo fundamental destas xornadas é dobre:
- Coñecer o sistema de funcionamento do Parlamento Xove, a estrutura dos debates así coma as características das súas quendas
- Obter coñecementos básicos de oratoria e habilidades para falar en público.
Tendo en conta estes obxectivos principais, a primeira parte da xuntanza adicarase a profundar nas particularidades do regulamento e dar consellos básicos acerca das argumentacións iniciais do debate, as refutacións e as conclusións. Na segunda parte, centrarase a sesión en traballar recomendacións básicas en oratoria.
INSCRICIÓN
Se desexas participar nas xornadas de formación ou precisas máis información ao respecto, déixanos os teus datos e porémonos en contacto contigo: INSCRICIÓN NAS XORNADAS DE FORMACIÓN






