Entrega de artigos e dossieres
ENVÍO DE ARTIGOS E DOSSIERES, DO 1 AO 15 DE MARZO
Inicia o período de entrega de artigos e dossieres que, coa reestruturación do calendario da competición, abrangue do 1 e o 15 de marzo.
Correo electrónico para o envío de artigos: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Enderezo postal e/ou correo electrónico para o envío de dossieres:
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Dir. Xeral de Xuventude e Voluntariado
San Lázaro, s/n15703, Santiago de Compostela
Correo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
ARTIGOS:
Recordamos que cada equipo entregará dous artigos de opinión elaborados por cada un dos "redactores" con posicións opostas: un defenderá a postura A FAVOR e outro defenderá a postura EN CONTRA do tema proposto, é dicir, un artigo defenderá a tese de que o emprego das redes sociais e novas formas de comunicación serven para UNIR á sociedade mentres ca o outro exporá a opinión oposta: serven para SEPARAR. A intención final é que se exprese se o emprego destas tecnoloxías crean ou destrúen lazos sociais e en qué facetas da vida cotiá o fan.
Terán coma extensión máxima un folio cada un con letra tipo Times New Roman sen comprimir, tamaño 12 e interliñado 1,5. Cada artigo levará un título propio, estará asinado polo seu autor e detallarase o centro ao que pertence. Entregarase en formato dixital na dirección de correo electrónico que se dará a coñecer a partires do 1 de marzo.
Os mellores artigos publicaranse na revista oficial da Dirección Xeral, INFOXOVE, e na web do Parlamento Xove.
DOSSIERES DE INVESTIGACIÓN:
Os asesores de investigación, dirixidos polo coordinador do equipo, organizarán a elaboración do dossier de investigación no que se expliquen as argumentacións principais.
O dossier constará de dous documentos (que poderán entregarse unidos ou separados):
1. Un documento inicial no que se explicarán as argumentacións principais do equipo e que terá unha extensión máxima de 10 folios (5 para a postura A FAVOR e 5 para a EN CONTRA) a letra tipo Times New Roman sen comprimir tamaño 12 e interliñado 1,5.
2. Un anexo de tamaño ilimitado e formato libre no que se poderán deixar constancia de todas aquelas referencias bibliográficas ou electrónicas (libros, xornais, webs…) que se consideren oportunas e que apoien os posicionamentos explicados no documento inicial.
A portada do dossier levará, cando menos, o nome do centro e os membros do equipo. Poderá entregarse en formato impreso ou dixital nos prazos e enderezos publicados liñas máis arriba.
Moito ánimo e ¡¡a crear!!






