novasb

regulamentob

artigos

contactab

galeria_fotos

Comunicación do xurado

 

Estimados participantes:

O pasado sábado, ás 17 horas, reuníronse os membros do xurado coa finalidade de compartir impresións e aunar criterios. Debido a isto, solicitan que se lle comunique a tódolos participantes determinadas cuestións técnicas referidas tanto ao propio regulamento coma á dinámica dos debates.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

No que atinxe aos criterios que empregarán para avaliar os encontros, recordan que ateranse exclusiva e rigorosamente aos establecidos no apartado 6.1.2 do regulamento da competición. A maiores disto, valorarán positivamente que tanto os turnos de refutación coma as conclusións respondan as súas características. Para iso:

As refutacións cumprirán unha triple función: responder ás argumentacións presentadas polo equipo contrario, reforzar as ideas expostas previamente e presentar novas ideas (contraargumentación e argumentación).

As conclusións, pola súa banda, serán un auténtico "resumo" do debate nas que o orador recorde cales foron os argumentos do equipo contrario e explique cómo se rebatiron ditos argumentos. A través dela, o orador deixará claro por qué considera que deben gañar o debate.

ENGADIDO AO REGULAMENTO

Considerando o momento da competición no que estamos, determinouse non facer ningún engadido ao regulamento que esixira esforzo para o entrenamento dos equipos. Por iso, soamente quixeron facer constar dous pequenos trocos:

1. En función dos cambios efectuados na duración dos debates (xa comunicados pola organización en semanas anteriores), recordan que o establecido no apartado 7.3.3. modifícase aténdose ao comunicado: eliminase un turno de refutación de cada equipo e a duración final dos debates é de 32 minutos.

2. Tal e como se detalla no apartado 7.3.4. do regulamento, nesta edición do Parlamento Xove soamente poderán realizar interpelacións os asesores de investigación e os redactores, é dicir, non lle estará permitido aos oradores. Por tal motivo, deciden establecer un engadido ao apartado 6.2.2.a) : "Tamén será motivo de aviso a realización de preguntas por parte dalgún dos oradores do equipo".

Sen máis, deséxanvos toda a sorte de cara á final do vindeiro sábado. Moito ánimo!!!

Axenda de Actividades

Derradeiro mes Setembro 2010 Mes seguinte
L M X J V S D
week 35 1 2 3 4 5
week 36 6 7 8 9 10 11 12
week 37 13 14 15 16 17 18 19
week 38 20 21 22 23 24 25 26
week 39 27 28 29 30
free viagra | order discount viagra online | viagra for women | bad side effects of viagra | price of viagra | information about viagra | generic viagra | buy viagra online | viagra purchase