TEMA: as redes sociais
O uso das redes sociais e novas formas de comunicación entre os adolescentes: une ou separa?

Cumprindo co establecido nas Bases de PARLAMENTO XOVE, a día de hoxe a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado anuncia que o tema da Primeira Edición é:
O uso de redes sociais e novas formas de comunicación entre os adolescentes: ¿une ou separa?
Tal e como se determina na base terceira, a “formulación do tema faise a modo de pregunta que dea lugar a posturas opostas”. Nas dúas actividades da fase inicial cada equipo defenderá ámbalas dúas posturas a través dos documentos escritos (artigos e dossier) mentres que nos debates da final cada equipo defenderá unha postura que lle toque por sorteo momentos antes de que inicie o debate.
O tema elexido “está en boca” de moita xente, asociación de nais e pais, especialistas, profesores, pedagogos, psicólogos… mais… non vai sendo hora de que o faga a xuventude, primeiros implicados e usuarios?
Por este motivo, propoñemos un tema para vivir e defender "pros" e "contras" en primeira persona.
Agardamos que vos apaixone a temática elexida. Moito ánimo!!






