3º e 4º ESO: o Parlamento máis cativo

EN EDICIÓNS ANTERIORES, O ALUMNADO DE 4º DE ESO FORMABA PARTE DO EQUIPO CON ALUMNADO DE BAC. QUE OCORRE AGORA?
Sinxelamente, fanse dous campionatos nos que, por unha banda, participará o alumnado de 3º e 4º da ESO xuntos e, pola outra, o de 1º e 2º de Bacharelato.
TERÁN O MESMO TEMA DE DEBATE QUE O ALUMNADO DE BACHARELATO?
Sí, o tema a debater será exactamente o mesmo.
TEÑEN QUE TER UN COORDINADOR DIFERENTE?
Non, neste sentido está concibido coma un campionato independiente e, polo tanto, pode ter o mesmo coordinador xa que, incluso, as datas de celebración non se solaparán. Non obstante, o máis aconsellable sería repartir esforzos con outra persoa.
CANTOS EQUIPOS SE PODEN PRESENTAR POR CENTRO?
Dous equipos en cada un dos campionatos sempre e cando haxa prazas dispoñibles.
CAL É O PERÍODO DE INSCRICIÓN?
Dende este mesmo instante e ata o 31 de xaneiro de 2012 poderán inscribirse os equipos. Aínda que terá unhas datas específicas de celebración, os prazos marcados para calquera trámite burocrático son os mesmos que para os equipos de Bacharelato.
QUE REGULAMENTO O REXE?
O regulamento que se seguirá será exactamente o mesmo que para Bacharelato.
CALES SERÁN AS DATAS DE CELEBRACIÓN?
Nestes momentos estamos á espreita da confirmación oficial dos organismos onde temos a intención de celebralo, mais as datas baralladas áchanse entre os meses de febreiro e marzo.






