universidade

novasb

inscricionb

contactab

galeria_fotos


Fase Clasificatoria

6 e 7 de marzo de 2019 : ESO

13 e 14 de marzo de 2019 : Bacharelato

  • Calendario

Nova edición de Parlamento Xove

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo para a inscrición nunha nova edición de Parlamento Xove.
O programa estructúrase en tres categorías:
- Categorías de ESO e Bacharelato na que poderán participar os centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Categoría de Univerisdades na que poderán participar os mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico 2019/2020.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos  investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias, ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais promovendo a selección de información, a expresión oral e escrita, as competencias básicas, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo e a convivencia. Tamén se fomenta a tolerancia, a toma de conciencia no comportamento democrático e respecto polas ideas dos demais.

O prazo de preinscrición no programa estará aberto do 4 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020.

Toda a  información no seguinte enlace:
http://www.parlamentoxove.com/

ESO E BACHARELATO

Os equipos inscritos estarán formados por catro alumnos/a e un profesor que será o coordinador. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).

Nestas dúas categorías o programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, se desenvolverá un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

En canto aos premios os equipos gañadores destas dúas categorías serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para os membros do equipo. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das dúas categorías.

UNIVERSIDADES


Na categoría universitaria,  poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.
A competición nesta categoría contará tamén con dúas fases: unha primeira fase clasificatoria e unha fase final de eliminatoria directa.
En canto aos premios ao equipo gañador desta categoría será unha viaxe valorada en 2.500 euros para os membros do equipo. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das dúas categorías.